Valentín García clausura os cursos de verán de galego do ILG-RAG

0

Compostela, 26 de xullo do 2019 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de clausura dos XXXII Cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras organizados pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Xunta de Galicia.

En estes cursos de verán 70 estudantes chegados de universidades de fóra de Galicia seguiron as actividades formativas e complementarias que lles permitiron achegarse de primeira man á lingua e á cultura propias de Galicia durante as últimas tres semanas.

Valentín García clausura os cursos de verán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no acto de clausura e entrega de diplomas dos XXII Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen Fronteiras. No salón de actos da Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos).Foto Xoán Crespo

“Concluídes estes cursos xa como verdadeiros embaixadores e embaixadoras da nosa lingua propia no mundo”, destacou o secretario xeral, “o galego e nós somos afortunados por contar, ano a ano, con novos aliados que desde os vosos respectivos lugares de procedencia nos axudades na proxección, investigación e ensino da lingua propia de Galicia”, rematou.

Participaron canda el no acto de clausura Ernesto González Seoane, vicerreitor de Profesorado da USC; Henrique Monteagudo, secretario da RAG; María Álvarez de la Granja, secretaria do ILG, e Ana Fachal, representante do profesorado dos cursos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial