займ срочно

[columns]
[column size=”1/3″]”Estou orgulloso dos plans de emprego, un capitulo que nunca se atendera na Deputación”[/column]
[column size=”1/3″]”Os servizos da Deputación afectan a 85 de 93 concellos, o que demostra que é unha administración imprescindible”[/column]
[column size=”1/3″]”En política hai una escola mínima de xestión pública que se chama mundo municipal na que cada decisión ten un efecto sobre a sociedade”[/column]
[/columns]

Valentín González Formoso, alcalde de As Pontes, chegou a presidencia co apoio do BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. Ese consenso, froito de intensas negociacións, viuse recompensado cun período no que quedaron atrás os debates e a institución puido traballar sen apenas atrancos.

Comezamos preguntándolle polo balance que fai de estes catro anos que el cualifica de “período de aprendizaxe” do que destaca o traballo dos funcionarios.

Mostrase especialmente orgulloso das iniciativas a favor do emprego, un eido que non se tratara nunca na institución

Como dicíamos esta etapa conseguiu deixar atrás o debate sobre si a institución é necesaria, González non considera que sexa mérito da corporación se non máis ben que en tempos de crise o populismo dispara contra todo e a medida que se avanza ese discurso non se sostén sen unha reflexión previa

Preguntamos polo papel unificador da Deputación, nunha terra na que hai comarcas, mancomunidades, partidos xudiciais, áreas metropolitanas… da a sensación que a institución que preside Valentín González é na que acaba recaendo todo

Unha das iniciativas máis importantes levadas a cabo foi o Plan Único, un xeito de distribuír os fondos que cambiou por completo o sistema de subvencións

Con todo non estivo exento de críticas e alcaldes do Partido Popular chegaron a convocar unha concentración diante do edificio da Deputación, unhas queixas que igual que comezaron parecen ter rematado

Os catro anos que rematarán en maio distinguíronse sobre todo pola estabilidade política, unha illa en tempos moi convulsos e máis tendo en conta os diferentes apoios cos que se formou o goberno

Valentín González mostrase optimista de cara as eleccións de maio

A preocupación no socialista é polo que define como “volatilidade ideolóxica”, eses cambios drásticos nos votos da xente. Considera que dentro de 20 anos os partidos nacidos hai pouco tempo terán desaparecido pero que o Psoe, con 140 anos de historia, seguirá existindo

Preguntamos, como en outras ocasións, pola pouca importancia que dan os partidos a aprendizaxe dos políticos na xestión municipal. Valentín González ten claro que ninguén debería ter chegado a un cargo sen pasar por aí

Pese a actitude positiva sobre o traballo realizado o presidente ten unha espina cravada, non ter sido capaz de que a Deputación deixara en mans das institucións adecuadas a xestión dos centros de menores e institutos que dependen do organismo

Valentín González Formoso transmite serenidade. Un percibe que é consciente dos acertos e, o que resulta máis sorprendente en política, dos erros e que está disposto a aprender deles. Aproveita calquera oportunidade para falar do bo traballo dos funcionarios da Deputación e poñer en eles o mérito do realizado. Si, como nos contou, para el foi un período de aprendizaxe marchamos coa sensación de que o aproveitou ao cen por cen.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies