займ срочно

Reclaman unha varanda de protección na Ponte Albar

0

Bisbarra, 27 de novembro do 2017 –  O portavoz do Partido Popular na Deputación da Coruña, Agustín Hernández, demandou ao goberno provincial que instale unha varanda de protección na DP-7804, entre Santiago e Val do Dubra, ao seu paso pola Ponte Albar, para evitar o perigo que supón o pronunciado desnivel que separa esta estrada do leito do río Tambre.

Desde o grupo popular lembran que, recentemente, o executivo provincial levou a cabo un proxecto para mellorar o firme no tramo máis próximo á Ponte Albar, no límite co Concello de Trazo. Esta actuación permitiu mellorar as condicións de seguridade nun dos tramos máis perigosos desta vía.

Con todo, e tal como expuxo Hernández, a mellora sería completa si, ademais, a Deputación da Coruña procedese á colocación desta varanda de protección para, desta forma, evitar, na medida do posible e en caso de accidente a caía dun vehículo ao río Tambre.

“Estamos a falar dunha actuación que non sería excesivamente cara, pero si  é moi necesaria”, explicou o portavoz popular, quen incidiu en que a existencia de árbores nesta zona sombría incrementa a posibilidade de que se produza calquera accidente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies