Paisaxes de Vázquez Alemán no Hotel Araguaney

0

Compostela, 3 de decembro do 2017 – Vázquez Alemán inaugura no hotel Eurostars Araguaney unha exposición que acolle unha vintena de pinturas paisaxísticas e de naturezas mortas.

A mostra de Vázquez Alemán ábrese este luns, día 4, as oito da tarde e manterase na sala ata o 23 de decembro.

A exposición recolle unha vintena de pezas de diversos formatos e tamaños, realizadas con varias técnicas, como acuarela, pintura acrílica e técnicas mixtas, e creadas sobre diversos soportes como o papel, lenzo ou táboa. Vázquez Alemán deu forma a esta exposición con pinturas de temáticas variadas, entre as que destacan cadros que seguen a liña clásica da súa obra e recrean os seus bodegóns expresionistas ou naturezas mortas, con algún xesto cubista e xeométrico roto, figuras e paisaxes, e mesmo algunha incursión no informalismo.  O autor di da mostra que “Sobresaen pinturas polos trazos soltos e atrevidos e outras novas nas que o protagonista único é o fondo mariño”.

O pintor consolidouse co paso dos anos nun mestre do dominio da cor e dos matices lumínicos, convertendo cada unha das obras nunha experiencia para os sentidos do público. “Utilizando de maneira libre a cor, o proceso creativo da miña obra comeza desdibuxando os temas para finalmente facelos recoñecibles. Pretendo coas miñas pinturas renovar o meu propio mundo plástico e sempre aplicando aos cadros un cariz expresivo co trazo e a paleta”.

Manuel Vázquez Alemán

Manuel Vázquez Alemán (Santiago de Compostela, 1946) realiza a súa primeira exposición en 1964 no Círculo das Artes de Lugo, para anos despois continuar co traballo expositivo con máis de medio centenar de mostras en cidades como Baiona, Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Ponferrada, Santiago e Madrid, e tamén noutros países como Francia e Portugal. Está representado en coleccións institucionais e privadas de España, Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Gran Bretaña, Noruega, Portugal, Hong Kong, EE. UU., Arxentina e México. Destacan a Colección Príncipe de Asturias, Presidencia da Xunta de Galicia, Fundación Rodríguez Igrexas, Museo “M. Torres” (Marín-Pontevedra), Colección Paradores Nacionais e Casa de Brasil (Madrid), entre outras. Entre as súas últimas mostran destacan as expostas na Casa de Galicia de Madrid, na sala de exposicións Caixanova de Vigo ou no Hostal dos Reis Católicos. NOTA.- Inclúe fotografías das pinturas da mostra

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies