Veciño de O Pino quéixanse de falta de limpeza tras a Feira Celta

0

O Pino, 7 de agosto do 2018 – Veciños da Praza de Forcarei en Pedrouzo, O Pino, denuncian a falta de limpeza despois de rematar a Feira Celta que se celebrou a pasada fin de semana.

Trátase do segundo ano consecutivo que se producen estas queixas por falta de limpeza e o Psoe decidiu presentar por rexistro unha queixa e demandar a inmediata limpeza de todo o entorno.

A Feira Celta, conta con diversas actividades como exhibición e mostra de animais vivos, ocas, dromedarios ou cetrería. Ditos animais deixan sucidade e excrementos que, cando non se realiza unha limpeza efectiva, causan problemas de salubridade e molestias á veciñanza. Ademais dos distintos problemas que xeran os animais a veciñanza tamén denuncia a falta de limpeza das beirarrúas onde estiveron situados os distintos postos de comida, concretamente restos de graxa e aceites no pavimento.

O PSOE local afirma que estes feitos xa se repetiron na pasada edición da Feira Celta e que, tras as distintas queixas dos veciños/as, o Concello fixo caso omiso. “O ano pasado, a limpeza dos excrementos dos animais non se fixo de forma axeitada, tan só se varreu, non sen lavou nin a rúa, nin as beirarrúas, e a nosa obriga e demandar que se realicen estes traballos” afirman.

Por todo iso, o concelleiro e voceiro do PSOE, Óscar Vilar, vén de rexistrar a correspondente petición, “os veciños/as da Praza Forcarei xa sofren as diversas molestias que traen estes eventos durante toda a fin de semana, e non podemos permitir que as molestias continúen, para os veciños/as e ususarios da Praza, unha vez pasada a festa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial