займ срочно

Veciños de Fontiñas molestos coa construción do IMELGA

0

Compostela, 9 de abril do 2021 – A contrucción do Instituto de Mecina Legal, IMELGA, en Fontiñas segue sen convencer a unha parte da veciñanza.

Despois de mobilizarse para conseguir que non se construíra nas inmediacións do Parque Begoña Caamaño agora piden coñecer máis datos sobre a seguridade do edificio.

Contaminación

Compostela Aberta levará a pleno a cuestión e acusa ao goberno local de “oscurantismo”. A voceira, Marta Lois, explica que mentres que desde o concello se fala dun edificio administrativo, desde a Xunta se confirma que terá salas de autopsias con “altos niveis de bioseguridade”.

Lugar previsto en Fontiñas para o IMELGA,na saída cara a SC-20 e a Autoestrada

Lois engade que  “estas informacións contraditorias non fan máis que provocar o temor da veciñanza das Fontiñas, o barrio no que os gobernos local e autonómico prevén construír o inmoble”.

A concelleira lembrou que na proposición que levaron a pleno para evitar a construción no Parque Begoña Caamaño “CA reclamaba que calquera localización para o edificio fora consensuada coa veciñanza, algo que o

Goberno de Bugallo non parece disposto a facer porque a interlocución que está a ter cos veciños e veciñas das Fontiñas é nula”.

Escurantismo ao redor do proxecto

A portavoz de CA lamentou “o escurantismo co que o Goberno de Bugallo está a abordar este proxecto, que só agrava o temor da veciñanza, e máis cando xorden informacións contraditorias

sobre as características que terá a nova sede do Imelga”. Para Marta Lois, “é evidente que os e as profesionais da medicina legal deben traballar con todas as garantías de seguridade e coa maior comodidade, pero isto debe ser compatible coa convivencia co resto da cidadanía”. Por iso, a concelleira de CA mostrou o seu convencemento de que

“as características da nova sede do IMELGA fan desaconsellable a súa localización nunha zona residencial, que a maiores está a escasa distancia dunha escola infantil, un colexio, un instituto de secundaria, unha ludoteca, un pavillón deportivo e amplas zonas de lecer”

No Pleno CA reclamará que o Goberno atenda as reivindicacións da veciñanza das Fontiñas que vén reclamando diálogo ao respecto da localización da nova sede do IMELGA, e que escolla unha parcela municipal para ese edificio que estea afastada das zonas residenciais, para que non se poña en perigo o benestar da veciñanza de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies