займ срочно

Veciños de Padrón denuncia contratación de familiares por parte do goberno

0

Durante o último pleno o alcalde confirmou que moitas das empresas contratadas teñen relación co equipo de goberno

[columns]
[column size=”1/2″]Padrón, 12 de outubro de 2016 – A formación política Veciños de Padrón denunciou a pasada semana, a través da súa páxina de Facebook, a constante contratación de familiares levada a cabo por parte do goberno padronés, actualmente en mans do Partido Popular.

Durante a sesión plenaria do pasado 29 de setembro a Concelleira de Veciños de Padrón, Teresa Rey, solicitou no turno de preguntas que o Alcalde explicara á relación familiar existente entre os membros do equipo de goberno e as empresas Cándido Sanmarco e Hijos S.L.; Instalaciones Ducho. Cándido Sanmarco Santos; Construcións Xelacal S.L.; Aluminios Sefer S.L.; P&P Distribuciones. Damián Perol Mariño, contratadas de xeito regular polo concello. O propio alcalde foi quen confirmou, respondendo a esta pregunta, que todas as empresas citadas pertencen a familiares (pais, primos e sobriños entre outros), tanto seus coma de diferentes concelleiros do seu equipo de goberno.

Todas as contratacións feitas a estas entidades son realizadas, sen contar coa oposición, a través da Xunta de Goberno Local, órgano no que participan exclusivamente o alcalde e os seus concelleiros. O total de cartos invertidos nestas contratas, de abril de 2015 ata o actual mes de setembro, ascende a 114.943,61 euros.

Pero se gastar os fondos públicos contratando a empresas de familiares do goberno xa é grave, máis o é facelo incorrendo en ilegalidades. Este é o caso da empresas P&P Distribuciones, pertencente a “o fillo do sobriño” do Concelleiro José Ramón Pardo e que, nunha factura por valor de 12.000€, deu lugar a un Reparo Suspensivo por parte da interventora municipal supostamente por non cumprir a lei en materia de contratación.

.[/column]
[column size=”1/2″]

[/column]
[/columns]Ante esta situación reiterada no tempo, e vista a total falta de ética e moralidade do equipo de goberno do Partido Popular, a formación política Veciños de Padrón quere facer pública a súa denuncia para que os veciños e veciñas do municipio poidan coñecer a actitude e as actuacións dos seus gobernantes. Ademais disto, a formación denunciou fai xa un ano o constante levantamento de Reparos Suspensivos feitos polo goberno ante o Tribunal de Contas, do que aínda non recibeu resposta

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies