Veciños de Padrón pide cunha enquisa que a veciñanza valore o seu traballo

0

Padrón, 30 de xaneiro do 2018 – A formación política Veciños de Padrón pon en marcha unha enquisa que valore o seu traballo dentro das actividades polo segundo aniversario da organización.

A enquisa está dispoñible na páxina web do partido, www.vecinos.info; na páxina de Facebook e tamén en diferentes bares e cafeterías da vila de Padrón e de varias aldeas ao longo de todo o Concello. Deste xeito, esperan chegar a tódalas persoas do municipio, incluídas aquelas que por cuestión da súa idade ou calquera outra situación non utilizan as redes sociais.

Pero ademais de preguntas sobre o traballo de Veciños, o documento tamén inclúe unha parte dedicada a valoración das actuacións levadas a cabo pola súa Concelleira, Teresa Rey. Dende o partido aclaran que para participar cubrindo o cuestionario non é preciso ser votante de Veciños de Padrón, só ter ganas de colaborar e de facer achegas para que a formación siga a mellorar e, por suposto, mostrar respecto nas respostas agregadas. As urnas manteranse na rúa e online ata mediados do mes de febreiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial