Demandan a dimisión do Concelleiro de Obras de Padrón

0

Padrón, 8 de xuño do 2018 –  O grupo Veciños de Padrón ven de solicitar a dimisión do concelleiro de Obras e Servizos de Padrón, José Ramón Pardo, pola situación das varandas que cruzan o río Sar.

Veciños de Padrón explican que as varandas, despois de moitos anos de deterioro, acabaron por romper definitivamente. A portavoz de Veciños, Teresa Rey, explica que a inseguridade xerada pola rotura xustifica de sobra a petición de dimisión que se fará de xeito oficial. Lembran que se trata dun lugar de paso moi utilizado por moitos viandantes, especialmente nenos e adolescentes no seu camiño cara ós colexios e institutos,  e que se trataba dunha situación de sobra coñecida polos responsables municipais.

Veciños explican ademais que a reparación das varandas leva aprobada desde o ano 2015 con cargo aos fondos dos plans provinciais. Este arranxo foi tratado nos plenos da corporación en varias ocasións por medio de diferentes requerimentos. Veciños de Padrón engaden que “pese a atoparse ante un claro caso de incumprimento das súas funcións, o goberno atreveuse a solicitarlle á cidadanía que tivese “precaución” ao seu paso pola zona acordoada, como se non fose esta a súa responsabilidade”.

Esta situación e estes feitos son, en  opinión de Veciños, máis que suficientes para que dende os dirixentes municipais  depuren responsabilidades. Por este motivo, buscarán o apoio da oposición para convocar un pleno extraordinario no que tratar a cuestión e solicitar de xeito oficial a dimisión do responsable de Obras e Servizos. No caso de non conseguilo, o partido comandado por Teresa Rey presentará igualmente unha moción no vindeiro pleno ordinario esixindo a renuncia do concelleiro ao cargo desta área.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial