Os veciños rodean o monte de Casalonga para dicir NON ao vertedoiro

0

Teo, 24 de setembro do 2018 – Unha cadea humana de máis de 2 kilómetros rodeou este domingo o monte da Casalonga para opoñerse ao vertedoiro.

A Plataforma Casalonga limpa de residuos explica que a paralización do proxecto de planta de residuos por parte da Xunta non é suficiente. Manteñen a preocupación vendo o proxecto de restauración xa solicitado pola empresa, que consideran un vertedoiro encuberto. Según os veciños ” O plan alternativo que agora ven de presentar, que xa tiña preparado no mes de xullo, é moito máis destrutivo para o entorno que o primeiro. Se a planta de tratamento de residuos ía tratar 90.000 tn. anuais, con este novo plan supéranse as 200.000 tn. anuais de vertidos”.

Onte domingo como protesta unhas 3000 persoas vestiron a camiseta negra co logo amarelo da plataforma, e camiñaron formando unha gran cadea humana duns 2km de longo pola estrada que atravesa a antiga canteira da Casalonga para protestar contra este segundo intento. A gran afluencia á asemblea da plataforma celebrada o venres pasado, que chegou a formar retencións de tráfico importantes na N-550, xa vaticinaba o éxito da cadea humana convocada.

O pobo de Teo, Padrón, Ames volveu pedir aos poderes públicos que se protexa o medio ambiente e a calidade de vida das decenas de miles de persoas potencialmente afectadas polo proxecto. A Plataforma indica que “A unión demostrada hoxe pola veciñanza dá folgos para  seguir canalizando as accións contra o vertedoiro, e renova o compromiso de loitar, de forma inclusiva, pola preservación e restauración do monte da Casalonga”.

A Plataforma pensa en novas medidas como expoñer a situación ao Valedor do Pobo, buscar asesoramento externo e organizar novas mobilizacións cidadás para seguir na loita.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial