25 anos de Xornadas arredor da Camelia en Vedra

0

Vedra, 19 de febreiro do 2020 – O concello de Vedra acolle esta fin de semana a vixésimo quinta edición das Xornadas arredor da Camelia na estación de ferrocarril de Santa Cruz de Rivadulla.

O evento esta organizado polo propio concello, o GDR Terras de Compostela, a Asociación de amigos da Camelia, a Sociedade Española da Camelia, Camelia de Galicia, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Actividades ao longo de toda a xornada

25 anos de Xornadas arredor da Camelia en VedraA inauguración terá lugar á unha da tarde co recoñecemento as entidades colaboradoras coas Xornadas ao longo dos últimos 25 anos. A continuación farase entrega dos agasallos aos participantes nas mostras de flor e ornamentación.

A música chegará a iso das 13:30 coa actuación da Escola de Música de Santa Cruz de Rivadulla para rematar a xornada matinal cun viño galego que se servirá as dúas da tarde.

Un serán para disfrutar

Ao longo da xornada, de 12:30 a 14:30 e de 16:30 a 19:00, os asistentes poderán coñecer un pouco máis a Camelia no túnel “A Camelia cos cinco sentidos” pero non será a única actividade de ocio.

Un obradoiro infantil de creación floral con Camelias, un pasacalles a cargo dos requinteiros da Gaita de Sarandón, a entrega de premios do vixésimo concurso infantil de debuxo ou a peza Os romeiros de caracol do grupo Fantoches Baj son as citas ao longo de toda a tarde en Santa Cruz de Rivadulla, na estación de ferrocarril.

O fin de festa ideal o porán, como corresponde en tempo de Entroido, os atranques dos rapaces da Escola de Xenerais e Correos posta en marcha polo Concello de Vedra.

Será un domingo intenso para conmemorar 25 anos disfrutando e poñendo en valor a Camelia de Vedra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial