O GDR Terras de Compostela participa no II Encontro Leader de Galicia

0

Vedra, 10 de setembro do 2019 – Técnicas do GDR Terras de Compostela participan este mércores, na Estrada, no II Encontro Leader de Galicia.

Baixo o título “o Leader e o turismo como dinamizadores do rural” o evento recibirá aos responsables dos Grupos de desenvolvemento rural de toda Galicia. A xornada ofrecerá mesas redondas, exemplos de fitos turísticos, degustacións de produtos dos 24 territorios e unha actuación musical de Odaiko como  peche do día.

O salón de plenos do concello da estrada acollerá a primeira hora unha interesante mesa sobre o Leader dentro da nova PAC. Intervirán representantes das dúas redes nacionais do programa Leader, das redes asturiana, galega e cantabra e da Axencia Galega de Desenvolvemento rural.

Degustacións

Un dos momentos da xornada aberto ao público será a degustación de produtos dos 24 territorios galegos. Terá lugar a partir das 13.30 horas e a oferta está sendo adquirida na súa totalidade a produtores Leader. A continuación os técnicos dos GDR terán un xantar no que compartir ideas e experiencias.

Exemplos destacables

A tarde terá como eixo central a mostra de fitos turísticos. A Senda dos Faros, a Reserva da biosfera Mariñas Betanzos ou o Xeoparque Montañas do Courel son algúns dos exemplos dos que se falará en este encontro.

Fin da actividade

A partir das seis e media terá lugar o remate da xornada coa actuación do grupo de percusión Odaiko e distintos xogos populares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial