Vedra acolle a segunda edición do Xogo de Peñas

0

Vedra, 9 de xullo do 2018 – Aquí non se trata de loitar polo trono de ferro senon de pasalo ben, Vedra acolle a segunda edición do Xogo de Peñas.

Despois do éxito do pasado ano a Asociación cultural a Dorna de Trobe prepara xa a segunda edición de esta xornada de diversión por equipos e comida de confraternidade. O Xogo de Peñas 2018 celebrarase o próximo sabado, día 14, en Trobe e ademais da competición os máis cativos terán tamén un espazo para disfrutar.

A inscrición do equipo, 5 persoas maiores de 16 anos, custa 10 euros por persoa, seguro incluído, e 20 si se quere participar no xantar no canto de levala da casa. Cada equipo terá unha camiseta conmemorativa, dada pola organización, que despois poderán levar de recordo. Os participantes enfrontaranse a complexas probas como o lanzamento de katiuska, tiro a diana con caída a auga, relevos imposibles, xogos de pistas ocultas, etc. Os primeiros clasificados acadarán distintos premios.

Ademais do xogo os que acudan a ver a competición disfrutaran dunha mini feira con lanzamento de bolos, dardos e pesca de patiños. Os cativos terán inchables, talleres e haberá monitores para axudar en todo.

Para anotarse hai que escribir a asociacionxuvenildorna@gmail.com ou chamar ao 619942583.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial