Vedra abrirá a piscina o 1 de xullo

0

Vedra, 25 de xuño do 2020 – O concello de Vedra será outro dos que agarden a xullo para abrir a piscina descuberta municipal, será o vindeiro día 1.

Como non podía ser doutro xeito Vedra informa das correspondentes  medidas de seguridade sanitaria, obrigadas tras a crise do Covid19. A limitación do aforo a 50 persoas que terán que ter reservada a praza é unha das principais novidades.

A normativa de uso da piscina municipal, tanto a ordinaria como a extraordinaria derivada do Covid19, pode lerse no seguinte pdf. As reservas realizaranse no seguinte enlace, no que tamén estará dispoñible a ocupación diaria da piscina.

O horario da piscina será de catro da tarde a nove da noite. O concello reforzará a limpeza e desinfección constante de toda a instalación. Delimitarase a zona de toallas e non se prestará ningún tipo de material ademais de retirar as mesas da zona de cafetería.

Vedra abrirá a piscina o 1 de xulloPrezos

Os menores de 6 anos poderán entrar gratis, de 7 a 17 anos e maiores de 65 anos terán que aboar 1€ e o resto de persoas 2€ sempre e cando estean empadroados no concello.

No caso de persoas de fora da vila os menores de 6 anos pagarán 1€, de 7 a 17 e maiores de 65 2€ e o resto 3€.

Bonos

Exclusivamente para persoas empadroadas en Vedra existirán unha serie de bonos coas seguintes tarifas

Bono de 12 baños menor de idade: 6 €

Bono de 20 baños menor de idade: 8 €

Bono de 12 baños maior de idade: 10 €

Bono de 20 baños maior de idade: 15 €

Na tempada 2020 non haberá abonos individuais e familiares e non haberá cursos de natación, como medidas preventivas a aplicar para a prevención do COVID-19.

Limitación de aforo e de días

O aforo estará limitado a 50 persoas por día. Cada usuario poderá acceder a piscina en días alternos reservando dende 7 días antes ata as 13:00 do día que se desexe ir á piscina, ou completarse as 50 prazas do aforo.

A partir das 13:00 ata media hora antes do peche da piscina, en caso de que non estea completo o aforo, unha persoa poderá adquirir entrada aínda que asistira á piscina na xornada anterior e desexe asistir na posterior. Non computará aos efectos de limitación de accesos en días alternos.

En caso non abrir a instalación por mala climatoloxía ou pechar antes das 19:00 polo mesmo motivo, será devolto aos usuarios o importe da entrada adquirida para ese día. Aos usuarios de bono (cupón desconto), enviaráselles un novo código para volver a usar. Ese mesmo criterio aplicarase se a instalación ten que pechar por algún outro motivo de causa maior.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial