Vedra reúne aos artesáns en torno ao proxecto Youthnest

0

Vedra, 17 de abril do 2018 – O concello de Vedra fai unha chamada aos artesáns do municipio para que se incorporen ao proxecto europeo Youthnest.

O pasado mes de novembro Vedra presentaba, na antiga estación de tren de Santa Cruz de Rivadulla, o proxecto europeo Youthnest. En esta iniciativa participan, ademais de Vedra, outras cinco entidades sociais formando unha Incubadora Transnacional de emprendemento creativo no ámbito rural. Un dos ámbitos profesionais que se pretenden potenciar é o da artesanía creativa no rural, con este fin o concello reclama a todos os artesáns, tanto profesionais como afeccionados, que se incorporen a iniciativa co fin de coñecer o seu traballo e podelo potenciar.

O concello habilitou o número de teléfono 981814612 e o enderezo electrónico: vanessa.crespo@concellodevedra.com para deste xeito poder informarlles máis detalladamente do proxecto.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies