Vedra recibirá asesoramento en eficiencia enerxética da Deputación da Coruña

0

Vedra, 8 de setembro do 2020 – A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación da Coruña, asesorará ao concello de Vedra en materia de aforro e eficiencia enerxética.

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, e o presidente da Deputación Provincial, Valentín González Formoso, asinaban a pasada semana o convenio polo que os técnicos da FAEPAC realizarán unha análise enerxética das instalacións e dependencias municipais. O obxectivo é establecer un plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables.

Vedra recibirá asesoramento en eficiencia enerxética da Deputación da Coruña

Valentín González, esquerda, e Carlos Martínez, dereita.

A axencia provincial tamén se compromete a  prestar asesoramento técnico en todas as actuacións que desenvolva o concello de Vedra en materia enerxética. Neste sentido, realizarase un seguimento e control do consumo de electricidade, auga quente e calefacción dos servizos públicos e manterase informado ao concello sobre as modificacións lexislativas e tarifarias, as convocatorias de axudas públicas nacionais e europeas e os novos materiais, produtos sistemas e servizos susceptibles de ser implantados nas instalacións municipais.

Así mesmo, a FAEPAC encargarase da formación do persoal do Concello, para que adquiran as competencias necesarias para asegurar a redución das emisións e a mellora da calidade ambiental no municipio.

González Formoso manifestou que, a través da prestación destes servizos, un dos obxectivos do actual goberno provincial é “axudar aos concellos a aforrar na  factura eléctrica”, que para algúns municipios do ámbito rural supón xa a maior partida do gasto corrente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial