займ срочно

Amabul. coidando o medioambiente da Ulla desde Vedra

0

Vedra, 8 de xuño do 2020 – A Asociación Amabul leva máis de 20 anos desenvolvendo proxectos medioambientais na Ulla, hoxe falamos con eles para saber algo máis de esta asociación.

Si manterse en activo durante 20 anos xa é para darlle parabéns o feito de implicar na directiva a xente moi nova e solucionar un dos principais problemas das asociacións, o relevo xeracional, máis aínda. Rubén Villasenín é o presidente e o explica así

A renovación nas estruturas directivas non é un problema exclusivo de Amabul pero o seu traballo pode servir de referencia. A súa experiencia indica que o traballo se ten que plantexar a medio ou longo prazo para crear un caldo de cultuvi favorable

Ao longo de estes anos o colectivo desenvolveu infinidade de proxectos e programas vinculados sempre ao coidado e recuperación da ribeira do Ulla

Este ano teñen en marcha dúas iniciativas destinadas a eliminación de especies invasoras e a recuperación da Casa das Artes de san Finsa de Sales na que intentarán crear unha sorte de bosque moi especial

A implicación dos rapaces máis pequenos e dos participantes nos programas de voluntariado será o xermolo de estes proxectos. Ideas e traballos que poñen sobre a mesa, unha vez máis, a importancia do asociacionismo e a cooperación en Vedra en particular e en todo o Ulla en xeral

Amabul é tamén o exemplo perfecto, despois de 20 anos de actividades, do traballo institucional do concello de Vedra á marxe do color político que goberne. Ao longo de este tempo sempre recibiron apoio dos distintos equipos de goberno e agora, coa crise do Covid, unha vez máis a colaboración é un piar fundamental na vila

Hai moitas ensinanzas que tirar da asociación Amabul. Non se trata só do necesario da protección do medio ambiente; está tamén a necesidade de traballar coa vista posta no futuro para que exista un relevo xeracional e, non menos importante, a coordinación coas institucións públicas. Desde Lindeiros desexámoslle a Amabul 20 anos máis de bo traballo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies