Vedra presenta os seus diferentes campamentos de verán

0

Vedra, 15 de xuño do 2018 – O concello de Vedra ven de presentar tres diferentes alternativas de campamentos de verán para os cativos do concello.

Os campamentos de verán son unha opción de conciliación para a época na que, rematado o colexio, é máis complicado atender aos cativos da casa. o concello de Vedra mantén en este eido a mesma liña que en outras áreas, colaborando con asociacións municipais para ampliar as distintas ofertas para a veciñanza.

 ANPA do CEIP Ortigueira

A primeira das posibilidades ven da man dunha Asociación de pais, a do CEIP Ortigueira. Unha alternativa para nenos de entre 3 e 12 anos para pasalo en grande aprendendo sobre tradicións sen deixar de lado a festa. No

“Acamparte” haberá tempo para excursións á contorna, días de piscina, xogos de auga…

A Inscrición permanece aberta ata o 22 de xuño e as prazas son limitadas, 30, e precísase un número mínimo de 20 participantes para que comece. Os teléfonos de información son o 625204119 e o 661351053.

 Escola de verán AMABUL

 Volve esta alternativa de verán que busca que as mozas e mozos de Vedra, fáganse protagonistas da súa educación, interactuando co medio que as/os rodea e buscando a sostenibilidade. O campamento oferta actividades de formación etnográficas, saídas pola contorna en camiñatas ou kaiaks, acampadas, traballos de campo… Desenvolverase do 2 de xullo ao 27 e de 10 a 14 horas excepto nas saídas. A idade é a partir dos doce anos, as prazas son limitadas e o custo é de cen euros. Máis información no teléfono 620424090.

 Ludo Verán

A última opción é a ludoteca municipal que propón un espazo de conciliación familiar con obradoiros, xogos, actividades, excursións,… e moitas sorpresas. Ludo e Teca son as persoaxes que acompañarán aos participantes descubrindo os misterios do tempo. As actividades van desde manualidades ata contacontos, animación ou psicomotricidade. O horario de Ludo verán é de oito e media da mañá a dúas e media da tarde.

Máis información no teléfono 699 041 486 ou no 981 814 693 en horario de 9:00 a 14.00 h no despacho da educadora familiar. O prazo de inscrición remata a finais de mes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies