займ срочно

Vedra candidata a ser unha Smart Rural Village

0

Vedra, 2 de xuño do 2020 – O concello de Vedra traballa para converterse nunha Smart Rural Village, unha iniciativa europea pensada para as vilas máis pequenas.

O proxecto ao que Vedra presentase como candidata leva por nome Smart Rural 21: estratexias para pobos de Europa e da España baleira. En el seleccionaranse 17 municipios rurais de toda Europa que recibirán asesoramento e apoio técnico. O obxectivo desenvolver estratexias intelixentes que solucionen na medida do posible os retos do rural no século XXI.

Dous anos e medio

O proxecto terá unha duración de dous anos e medio. Durante ese tempo deseñaranse e dotarase aos participantes de metodoloxías e ferramentas para a implantación de estratexias integrais e participativas. Tamén se fomentará o intercambio de coñecementos transnacionais que promovan o éxito das experiencias piloto “smart village”, todo isto coordinado polo grupo E40 e apoiado pola Comisión europea.

Vedra candidata a ser unha Smart Rural Village

Imaxe da Ponte Ulla en Vedra

Ata este momento foron preseleccionados 5 pobos de Irlanda, Finlandia, Francia, Grecia e a República Checa. Vedra presenta a súa candidatura coa convicción de presentar as características idóneas para converterse nun “pobo intelixente”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies