Vedra celebrou a BTT da Camelia

0

Vedra, 13 de febreiro do 2017 –  Na mañá de onte Vedra celebraba unha das BTT máis bonitas da tempada cunha participación de 350 ciclistas.

A VII Ruta BTT da Camelia disputase no concello de Vedra e polo val do Ulla e discurre por lugares tan emblemáticos como a carreira dos olivos do Pazo de Santa Cruz.

Os participantes puideron optar entre dúas rutas una curta de uns 27 km cunha dificultade medio – baixa e outra (a máis concorrida) de 43 km cunha dificultade medio – alta.

A organización realizou un gran esforzo por manter as ditas rutas o máis limpas posible despois dos estragos producidos polo temporal da pasada fin de semana en Vedra e en toda a bisbarra. Os esforzo valeu a pena xa que  a ruta deixou nos participantes un moi bo sabor de boca.

Tras a proba  deportiva  repartíronse os seguintes trofeos.

Trofeo ao Club de mais lonxano para “6 Picos Bike Club” de Viveiro

Trofeo ao Club máis numeroso para “ Club Ciclista Trasdeza” con 19 participantes na proba.

Trofeo á participante de maior idade para a vedresa Nieves Iglesias Villanueva.

Trofeo ao participante de maior idade para Plácido Blanco López.

Para rematar a organización sorteou entre os participantes a través do número dos seus dorsais: unha cea para dúas persoas nun restaurante de Vedra, unha noite de aloxamento nunha casa de turismo rural do concello, 3 packs de botellas de “Augardentes da Ulla”; 3 packs de botellas de “Pazo Galegos”; 2 lotes de produtos deportivos e para rematar 10 plantas de camelia a flor anfitrioa do evento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial