Ribadoulla organiza unha ciclocharla con Álvaro Pino e Jesús Blanco Villar

0

Vedra 12 de setembro do 2019 – A Asociación Ribadoulla organiza unha nova ciclocharla na que Terio Carrera moderará unha conversa con Álvaro Pino e Jesús Blanco Villar. A cita hoxe venres as nove da noite na Casa da Cultura de Sta Cruz de Rivadulla, ao carón do Pazo.

Dous ciclistas galegos, protagonistas da Vuelta a España 86. Jesús Blanco Villar foi gañador de dúas etapas e vestiu o maillot de líder durante un día. Álvaro Pino foi o indiscutible gañador da Vuelta. Detrás del quedaron mitos do ciclismo como Robert Millar, Sean Kelly, Marino Lejarreta, Laurent Fignon, Fabio Parra, Pedro Delgado, Miguel Indurain… Os únicos líderes españois desa edición da Vuelta foron galegos.

Por primeira vez, Álvaro Pino e Blanco Villar xúntanse para recordar aquela mítica edición moderados polo xornalista Terio carrera.

Ribadoulla Cicloescusa é un clube cicloturista que quere gozar coa bicicleta dos fabulosos montes, sendeiros e estradas das ribeiras do Ulla. O obxectivo según din  “é recuperar o que sentiamos coas bicicletas cando eramos pequenos. Cando só a bicicleta podía levarnos á aventura, á viaxe, á emoción. Cando aprendemos a non rendernos ante esa costa tan empinada, a axudar ao compañeiro sen forzas, a agudizar o enxeño para arranxar unha avaría. Cando con Perico, Indurain e Álvaro Pino aprendemos a ir sempre un pouco máis alá, a afrontar novos retos, a acadar novas metas.

Explican tamén que as ciclocharlas “Non son conferencias , nin discursos nin entrevistas . É como estar no salón da túa casa gozando da conversa. O lado máis emotivo e humano do ciclismo. Sen tópicos , sen presas . Con proximidade, con paixón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial