Vedra, 11 de outubro do 2019 – A Asociación Cultural Papaventos continúa organizando en Vedra as actuacións do Circuito Galego de Teatro Amador promovido por FEGATEA.
Hoxe venres será a quenda do Teatro Antas co espectáculo ‘Acto único. Un cabaret do máis normal’, escrito e dirixido por Paula Carballeira. O Teatro Amador segue mañá sábado coa actuación do grupo local Andaravía Teatro cunha nova función de ‘Moito barullo e poucas carolas’.
As actuacións serán no Centro Social de Vedra, no Burgo. A de hoxe venres é de balde e a de mañá sábado terá un prezo de 2 euros. Ambas as dúas funcións comezan as nove e cuarto da noite.
O ciclo pechará o vindeiro día 18 con Chumpa Teatro e a obra Intocables, a comedia.