Vedra, 14 de xullo do 2020 – O espectáculo O Capitán Garfo visita Vedra este mércores 15 a partir das nove da noite no Campo da Festa de Illobre.
A cita de Vedra está pensada para a familia, sobre todo nenos entre os 4 e os doce anos. O Capitán Garfo é un evento no que se mesturan música con cociña e diversión. O protagonista é Saúl System, músico, musicólogo, maestro de Educación Musical e profesor de piano con ampla experiencia nas artes escénicas.
Pop electrónico con vontade didáctica
Cociñando música é un concerto de pop electrónico onde un particular Capitán Garfo prepara un nutritivo e divertido menú musical co que o público aprende de forma sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudable, a poñer unha mesa ou a facerse amigas e amigos das verduras e ensaladas.