Edición 2018 do Vedra de Tapas

0

Vedra, 3 de outubro do 2018 – A Taberna do Mosqueiro en San Mamed de Rivadulla foi o lugar elixido para presentar a edición 2018 do Vedra de Tapas.

Vedra de Tapas ofrecerá 18 pinchos distintos en 9 tabernas do concello desde este venres día 5 ata o 14 de outubro. O prezo da tapa será de dous euros e si se engade un viño de albariño será de 3,50. Os clientes levarán unha cartilla na que votar as tapas e na que os establecementos polos que pasen irán poñendo selos. As cartillas que conteñan nove selos serán as que se usen para decidir a tapa gañadora. As cartillas con tódolos datos cubertos e lexibles serán depositadas nas urnas das tabernas o na situada no concello sendo válida unha cartilla por persoa.

Agasallos

Os agasallos aos clientes dependen do número de selos que teñan as cartillas e de si participan en solitario o como grupo.

As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:

-3 lotes de produtos locais.

-2 tarxetas regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello.

As cartillas con selos de como mínimo 7 establecementos participarán nos sorteos de:

-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.

-Unha escapada termal para dúas persoas con almorzo incluído, circuíto termal…

As cartillas con todos os selos dos establecementos participantes entrarán

no sorteo de 300 €.

Grupos e concurso fotográfico

Para os agasallos de grupo considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas. Realizarase un concurso fotográfico no que a imaxe terá que mostrar que se está facendo a ruta “Vedra de Tapas”. Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com , e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase ao Facebook do concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación. O premio en este caso serán 20 tapas e 10 consumicións no establecemento gañador da mellor tapa no Vedra de Tapas 2018.

As tabernas

A continuación as tabernas participantes e as tapas que ofrecerán

Unha oportunidade para coñecer o concello de Veda a través da súa gastronomía e das súas tabernas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial