Vedra organiza un ano máis Vedra de tapas

0

Vedra, 5 de outubro do 2017 – Un ano máis Vedra organiza o concurso Vedra de tapas ao longo das dúas próximas fins de semana.

O Vedra de tapas 2016 recolleu 292 cartillas de participantes que déronlle a primeira mención a o Bar barreiro coa Hamburvedra.

O Vedra de tapas 2017 celébrase tamén cos establecementos asociados a marca Tabernas do Ulla. Comezará mañá día 6 e disputarase nas seguintes datas e horarios:

Datas: 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de outubro 2017

Horarios:

Venres 6: de 20.00h a 23.00h

Sábado 7: de 13.00h a 15.00h e de de 20.00h a 23.00h

Domingo 8: de 13.00h a 15.00h

Mércores 11: de 20.00h a 23.00h

Xoves 12: de 13.00h a 15.00h e de 20.00h a 23.00h

Venres 13: de 20.00h a 23.00h

Sábado 14: de 13.00h a 15.00h e de 20.00h a 23.00h

Domingo 15: de 13.00h a 15.00h

Este ano ademais das tapas o Vedra de tapas ter’a m’usica

Cada tapa terá un prezo de venta ao publico de 1,50 €. Tapa + albariño: se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00€.

O xeito de concursar será similar ao de edicións anteriores, cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento. Os clientes poden votar todas as tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren desde 0 (mal) a 5 (excelente).

Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos.

Os agasallos

Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso ter os datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas nos establecementos hostaleiros participantes ou na Casa do Concello de Vedra. As papeletas terán que estar depositadas o domingo 15 de outubro de 2017 ás 23:00h. como data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

Os concursantes optarán aos seguintes premios en función do número de tapas seladas.

As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:

-3 lotes de produtos locais.

-2 tarxetas regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos

establecementos do concello.

Mínimo 8 establecementos:

-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.

-Unha escapada termal para dúas persoas con almorzó incluído, circuito

termal…

Finalmente as cartillas con selos dos 11 establecementos participantes entrarán no sorteo de 200 €

Este ano contamos de novo coa aplicación móbil Quedamos de tapas! na que tamén poderase votar a tapa que máis guste e a “Tapa amiga” que non entra en concurso.

Agasallos de grupo

Os grupos formado por máis 5 persoas poderá participar nun concurso fotográfico. A foto terá que mostrar que se está facendo a ruta “Vedra de Tapas”. Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase ao Facebook do concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.

Premio: 20 tapas e 10 consumicións no establecemento gañador da mellor tapa no Vedra de Tapas 2017.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies