займ срочно

O augardente Vedra del Ulla gaña o Citadelles du vin 2020

0

Vedra, 15 de setembro do 2020 – Aínda que soe a paradoxo o augardente Vedra del Ulla ven de gañar a cata Citadelle du Vin 2020 como mellor produto vínico de España.

Este concurso creado no ano 2000 está organizado polo Concour Des Vins, unha asociación da zona de Burdeos en Francia. O obxectivo é por en valor a diversidade e a calidade dos viños en todo o mundo aínda que, na sección dedicada a España, este ano o gañador foi Vedra del Ulla.

O augardente Vedra del Ulla gaña o Citadelles du vin 2020Miguel Gómez, Brand Manager de Aguardientes de Galicia, o explicaba nun vídeo na súa conta de Facebook no que mostraba ademais as uvas das que sae este produto

“El vino es para Terito y para los viejos!!! El Aguardiente es el futuro!!!”???? @ Aguardientes de Galicia

Publicada por Miguel Gómez en Domingo, 13 de septiembre de 2020

O Citadelles du vin decide cada ano os mellores viños cun xurado formado por profesionais de más de 20 nacionalidades. Enólogos, sumilleres, compradores ou xornalistas son algúns dos que participan na elección dos gañadores. As catas son sempre a cegas e os expertos nunca catan máis de 45 viños por día.

As cifras a día de hoxe dan mostra da importancia do concurso xa que ata o día de hoxe competiron en el máis de 46 países, 18.500 viños e foron premiados máis de 5.000. A competición faise ademais seguindo s regras da Organización internacional de la Viña y el Vino, OIV ,  e da Federación de Concursos Internacionais, a VinoFed

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies