Vedra aproba por unanimidade o apoio as empresas locais de transporte

0

Vedra, 21 de febreiro do 2020 – O Pleno de Vedra aprobou por unanimidade unha moción, presentada polo BNG, na que as empresas locais de transporte reclaman o apoio da corporación.

A moción expresa a preocupación de dúas empresas locais de transporte, Viajes Peillet e Autocares Mougan. Ambas as dúas mostran preocupación polo proceso de licitación de ruta que se leva a cabo desde a Dirección xeral de mobilidade.

Risco de quedar fora

Estas empresas explican que o formato de licitación as deixa fora do concurso “a participación no concurso de adxudicación das novas Iiñas de transporte definidas no proxecto de servizos, tendo en conta a definición de servizos e o tamaño dos lotes, fai imposible a participación en igualdade de condicións coas grandes empresas nacionais de transporte de pasaxeiros”.

Peillet e Mougan van máis alá e acusan a esas grandes empresas de malas prácticas “Os grandes operadores, actúan sobre as nosas micro PYMES facéndolles dumping empresarial, e obrigándolles a asumir unhas condicións tan extremas que non soamente fai inviable o negocio, se non que arruinaría as familias nuns meses, obrigándolles a asumir uns custes sen posibilidade de amortización”

Na moción explícase de xeito claro a situación. O tamaño dos lotes a licitar obriga as pequenas empresas a presentarse como Unións Temporais de Empresas, UTES. A participación nunha UTE con empresas moito máis grandes é nunhas condicións moi agresivas que supón un risco de quebra para estas pequenas compañías. Esta situación é a que se esta a dar, explican, na primeira fase da adxudicación.

Perda de emprego

Peillet e Mougan explican na moción que “As micro PYMES de transporte de viaxeiros están fortemente arraigadas no territorio, sendo parte da estrutura empresarial e do tecido económico do rural Galego dende fai mais de sesenta anos”.

En Vedra mais de Vintecinco familias dependen destas empresas. Si estas compañías desaparecen os traballadores serán subrogados na nova UTE o que condicionaría as condicións laborais.

A moción remata dicindo que “deixar o trasporte en mans de dous ou tres grandes compañías é un erro histórico que contribúe a baleirar o rural”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial