займ срочно

Vedra abre uha escola de Xenerais

0

Vedra, 10 de xaneiro do 2020 – Pouco máis de mes e medio é o que queda para o Entroido e Vedrao prepara abrindo unha escola de Xenerais e Correos.

Trátase dunha iniciativa que busca que os rapaces de 6 a 16 anos se impliquen na cultura do Entroido e se convertan en Xenerais ou Correos preparando o seu propio atranque para finais de febreiro.

Xenerais do Ulla

Unha tradición con máis de cen anos

Os Xenerais e Correos do Ulla ten referencias documentais nos anos 70 do século dezanove.  Xenerais e Correos van vestidos como militares daquela época e montan en cabalos tamén adornados.

As comparsas os acompañan percorrendo os lugares do concello e deténdose en distintos sitios para proceder aos chamados Atranques ou Altos. Son enfrontamentos verbais nos que a burla sobre o acontecido ao longo do ano é o compoñente principal.

 

Inscricións

As inscricións para participar están reservadas a rapaces de 6 a 16 anos como xa explicamos. Hai que anotarse no Departamento de Cultura de Vedra, no correo cultura@concellodevedra.com ou no teléfono 981814691.

Xenerais do Ulla

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies