займ срочно

Os espantallos volven a Vedra nas Festas de San Pedro de Vilanova

0

Vedra, 17 de agosto do 2018 – Un ano máis a parroquia de San Pedro de Vilanova vive as festas do Santiaguiño ata o próximo domingo e hoxe os protagonistas serán os espantallos.

As festas de San Pedro de Vilanova comezaron onte cunha gran sardiñada e continuaran ata o próximo domingo. O campo da Festa do Santiaguiño será o protagonista esta tarde da novena Concentración de Espantallos, un concurso con  gran tradición que entegará os premios aos 3 mellores.

Mañá sábado será o día dedicado a competición deportiva cunha Carreira Pedestre Infantil que ten como complemento a música e os inchables que porá a Asociación de Veciños de Vilanova.

Chegamos ao domingo 19 no que San Pedro de Vilanova celebra a XII Ruta Cabalar do Santiaguiño que rematará nun xantar amenizado por un dúo musical.

As festas terán o remate na vindeira fin de semana. O próximo venres 24 haberá verbena coas orquestras Atenas e Deluxe. O sábado 25 será o remate con distintos concertos como o da Banda de Música de santa Cruz, que actuará trala misa da unha e media, e os das orquestras Revolution e Cinema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies