Festa fin de Verán en Vedra coa proxección de Maimiño e o espello máxico

0

Vedra, 6 de setembro do 2017 – Vedra pecha o verán cunha festa chea de actividades a partir das sete da tarde no campo da festa da propia parroquia de Vedra e a proxección da película Maimiño e o espello máxico.

As actividades de verán chegan ao fin en tódolos concellos e Vedra faino cunha gran festa na que os cativos poderán disfrutar de animaci´ns musicais, xogos populares, inchables e incluso un touro mecánico para comprobar o equilibrio e a resistencia. Como non podería ser de outro xeito todos os cativos terán tamén merenda para ter forzas para o que vira a continuación.

A festa rematará a partir das nove da noite cunha sesión de cine ao aire libre dentro do programa da Xunta Redecinema, en caso de chuvia a película trasladarase ao Centro Sociocultural.

A pelicula da que disfrutaran os cativos é Maimiño e o espello máxico. Trátase do  primeiro filme galego-cubano de animación, un proxecto realizado por Ficción Producións coa colaboración do ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos), que adapta o conto infantil Polgariño da man de José Martí, e o apoio da Agadic.

A fita conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que estragan a colleita do campo no que vive e mais o encontro co espello máxico da media laranxa don os sucesos que o levarán á aventura. Será o espello quen lle revele quen é a muller dos seus soños e o anime a marchar á cidade canda os seus irmáns, Pablo e Pedro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies