займ срочно

O  GDR Terras de Compostela forma en primeiros auxilios

0

Vedra, 4 de  outubro do 2019 – O  GDR Terras de Compostela ofrece, este mércores 8 de outubro, un taller de primeiros auxilios e socorrismo. Este curso completa os de protección de datos e redes sociais impartidos nas últimas semanas.

O ciclo de tres xornadas, que agora termina, ten como obxectivo a formación das empresas que buscan a homologación turística SICTED de Calidade en destino. Son gratuítos e non é necesario participar nos anteriores para acudir a este.

Programa

O curso  terá horario de mañá, de 9:30 a 12:30, e será impartido, na aula de formación de Aldea  Nova en Ames, por Alberto  Martino Martínez, Graduado en enfermería e socorrista.

Na parte teórica tratáranse temas como a avaliación do paciente, as hemorraxias ou traumatismos, ou as paradas cardiorespiratorias e outras situacións de emerxencias.

Na formación práctica tratarase a  RCP en adultos, a  RCP pediátrica básica, os  atragantamentos en adultos e os  atragantamentos en nenos

As inscricións están abertas no teléfono 981818357 ou no correo electrónico info@terrasdecompostela.org .

Homologación SICTED

A homologación SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Esta metodoloxía dota aos territorios dun programa de traballo  que consegue un nivel de calidade homoxéneo en todos os servizos ofrecidos. Os destinos SICTED dispoñen de ata 32 manuais de boas prácticas para outros tantos oficios do ámbito turístico. Actualmente en España hai 190 lugares homologados con máis de 7000 empresas adheridas de 35 oficios distintos.

Esta xornada esta organizada polo  GDR Terras de Compostela e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e alimentación e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural,  FEADER, e a colaboración do Concello de Ames.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies