O  GDR Terras de Compostela continúa a formación de turismo con 3 talleres

0

Vedra, 23 de setembro do 2019 – O  GDR Terras de Compostela continua coa formación complementaria das empresas, que aspiran á homologación SICTED de Calidade turística en destino, con 3 novos talleres.

A metodoloxía  SICTED dota aos territorios dun programa de traballo  que consegue un nivel de calidade homoxéneo en todos os servizos ofrecidos. Os destinos  SICTED dispoñen de ata 32 manuais de boas prácticas para outros tantos oficios do ámbito turístico. Actualmente en España hai 190 lugares homologados con máis de 7000 empresas adheridas de 35 oficios distintos.

3 novos talleres

Dentro da formación complementaria que están a recibir distintas empresas do  GDR, o próximo día 30 poderán asistir a un taller sobre o regulamento europeo de protección de datos.

O curso celebrarase no Centro de formación de Aldea  Nova en Ames, de 16:30 a 18:30 da tarde, e será impartido por  Rogelia Pérez Grela, experta en delegado de protección de datos.

Os asistentes coñecerán os pormenores da nova Lei europea, as obrigacións do responsable da protección de datos, o paso do consentimento tácito ao expreso ou a creación da figura do Delegado de protección de datos e o que supón para a empresa.

As inscricións pódense realizar no 981818357 ou no  mail info@terrasdecompostela.org

Redes sociais e primeiros auxilios

Xa no mes de outubro, os días 3 e 8, impartiranse dous talleres máis no mesmo Centro de Formación de Ames.

O primeiro deles, o día 3 de catro e media a sete e media da tarde, será dado por Javier Vázquez Rodríguez, enxeñeiro  informático. Tratarase toda a temática relativa ás redes sociais, desde os distintos tipos ao seu uso e a oportunidade de difusión que supoñen para os negocios vinculados ao sector turístico.

O segundo taller, o dez de outubro de nove e media da mañá a doce e media, será impartido por Alberto  Martino Martínez, graduado en enfermería e socorrista.

Tratásense aspectos teóricos como a avaliación do paciente, o soporte vital básico, os traumatismos ou as hemorraxias. Na parte práctica ensinásense as técnicas de  RCP en adultos e a pediátrica básica, e como actuar en casos de  atragantamentos tanto en nenos como en adultos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial