займ срочно

O  GDR Terras de Compostela ofrece un taller de xestión de Redes Sociais

0

Vedra, 30 de setembro do 2019 – O  GDR Terras de Compostela continua coa formación complementaria das empresas que aspiran á homologación SICTED de Calidade turística en destino e faino cun taller de redes sociais.

Impartido por Javier Vázquez Rodríguez (Enxeñeiro informático) celebrarase o próximo día 3 de outubro, de catro e media a sete e media da tarde, no Centro de Formación de Aldea  Nova, no concello de Ames.

Esta xornada complementa á que tivo lugar este luns, sobre a lei de Protección de datos Europea, e a que terá lugar o día 8 sobre socorrismo e primeiros auxilios.

imaxe redes sociais

Uso estratéxico

Nesta formación os alumnos poderán coñecer as distintas redes sociais, desde Facebook a Twitter ou Instagram, pasando polo papel do  Comunity  Manager.

Tamén se mostrarán unha serie de exemplos prácticos de bo uso das redes sociais como vantaxe estratéxica para os negocios.

As inscricións están abertas no teléfono 981818357 ou no correo electrónico info@terrasdecompostela.org .

Esta xornada esta organizada polo  GDR Terras de Compostela e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e alimentación e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural,  FEADER, e a colaboración do Concello de Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies