Vedra inicia as inscricións nas actividades culturais e deportivas

0

Vedra, 2 de setembro do 2019 – O próximo luns, día 2, o concello de Vedra abre a inscrición nas actividades culturais e deportivas, unha programación que comezará en outubro e durará os próximos nove meses.

Vedra é un dos concellos da bisbarra cunha actividade cultural e deportiva máis intensa. Carreiras como a de Gundián, ciclos de teatro como Teatrofilia ou xornadas como as da Camelia dan mostra do traballo asociativo e do apoio municipal. Parte de esa vida son os obradoiros e escolas que, para persoas adultas e cativada, abren cada setembro a súa inscrición.

Ensinanzas diversas.

Organizadas polo concello, ou polas asociacións, a veciñanza poderá este ano asistir a clases de inglés, pintura, costura ou bolillos; iniciarse no baile tradicional, ou comezar a tocar a pandeireta, o acordeón; incluso ir un paso máis alá e comezar na escola da Banda de Música de Santa Cruz.

Deportes.

Os deportes serán tamén parte importante da programación 2019/2020. Na cúspide o Club Olímpico de Vedra que combinará os adestramentos de base cos de tecnificación, traballando na piscina climatizada de Teo e nas pistas polideportivas do propio concello.

karate, ximnasia rítmica, baloncesto, bádminton, patinaxe, ioga, aerobic, ou pilates son algunhas das disciplinas que se impartirán.

Os maiores terán tamén a oportunidade de manterse en forma con ximnasia terapéutica terceira idade e ximnasia +60. Como último punto, e non menos importante, das actividades deportivas estará a  ximnasia para persoas con diversidade mental.

Este ano ademais incorporase a disciplina de running, que seguro que terá moita aceptación, e continúase organizando a liga e a copa de fútbol sala na que poden participar ata 16 equipos.

Xornadas de portas abertas.

Algunhas das actividades celebrarán xornadas de portas abertas co fin de que os interesados poidan probar e coñecer, sen compromiso, a actividade. Os obradoiros terán que ter un mínimo de 8 persoas inscritas para poñerse en marcha e terán os descansos habituais do calendario escolar.

Toda a información pódese atopar na web do concello www.concellodevedra.com .Tamén se poden realizar consultas ou solicitar información no teléfono 981 814 691 e no correo electrónico cultura@concellodevedra.com .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial