Vedra inicia o saneamento da parroquia de Santa Baia

0

Vedra, 8 de setembro do 2020 – O concello de Vedra ven de adxudicar a Empresa Espina e Delfín S.L. a construción da nova depuradora do Pereiro e o colector xeral da parroquia de Santa Baia.

A obra adxudícase por un importe de 376.861,93 euros. O proxecto contempla un tramo de 1.513 metros en tubaxe de PVC de 300 mm que,  en esta primeira fase, levará unicamente o efluente do Colexio ata a nova EDAR que se construirá a carón do río Pereiro.

Solución a un problema histórico

A parroquia de Santa Baia era unha das principais zonas co saneamento pendente de resolver xa que alí se concentran algúns dos principais servizos do concello. O Centro de Saúde, a Casa do Concello, o CEIP, dotacións deportivas e más de 600 habitantes fan de esta zona unha das prioridades no obxectivo de evitar o deterioro medioambiental do concello.

Vedra inicia o saneamento da parroquia de Santa BaiaA obra adxudicada resolverá o problema histórico dos efluentes do Colexio que agora será o primeiro en conectarse a esta infraestrutura. Ao longo do percorrido iranse deixando pozos para a incorporación dos futuros colectores das actuacións encamiñadas ao saneamento integral da parroquia.

Unha EDAR para o futuro

Si ben nun primeiro momento a nova depuradora do Pereiro só recibirá os residuos do colexio está prevista a súa ampliación en futuras fases. O obxectivo é aumentar a capacidade a medida que creza a rede de saneamento e recolla as augas dos núcleos da Avenida do Mestre Manuel, Pousada, Fontao, Marzan e Bazar así como as dotacións municipais xa existentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial