займ срочно

Caprichos da Gándara, do Fogar do avó, gaña o Vedra de Tapas 2019

0

Vedra, outubro 2019 – Caprichos da Gándara do Fogar do avó foi a gañadora do concurso Vedra de Tapas 2019.

O Fogar do avó alzouse co galardón ao ser a tapa máis votada nas 151 cartillas válidas depositadas nas urnas polos clientes. A segunda mención foi tamén para O Fogar do avó, en este caso coa Croca con sala de froitos vermellos. A terceira mención foi para a Torta de queixo con froitos do bosque do Café bar o Candil.

Caprchos da Gándara do Fogar do avó

Caprichos da Gándara do Fogar do avó

Premios aos clientes

Croca con sala de froitos do Fogar do Avó

Croca con sala de froitos do Fogar do Avó

Polo que respecta aos premios conseguidos por participar, os resultados foron os seguintes:

Nas cartillas con selos de como mínimo 5 establecementosos gañadores foron

                    -Un lote de produtos locais: Mª Luz Fernández Souto (San Mamede) 

                    -Un lote de produtos locais: Santiago Álvarez Cutrin (Santa Cruz de Ribadulla)

                    -Un lote de produtos locais: Cristina Peillet Villa (Vedra)

                  -1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello:                                             Miguel Sanchez (Boqueixon)

              -1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do                                                            concello: Mª Jesús Costa Barreiro (San Xián)

No caso das cartillas con selos de como mínimo 7 establecementos, resultou gañador dunha cea para dúas persoas, nun dos restaurantes do concello, Jesús Quián (San Xián). A “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuíto termal… foi para Nieves Ben García (Santiago de Compostela). Para rematar nas cartillas con todos os selos a gañadora de 300,00€ foi Carmen Espiño Gambino (Ponte Ulla)

Concurso de fotografía

O gañador do agasallo de grupo á foto máis votada no facebook foi para a presentada polo grupo de Dulce Iglesias Baniela (San Xián).

Éxito un ano máis

De novo o Vedra de Tapas foi un éxito de participación. Entre o 4 e 0 13 pasados os 10 locais participantes recibiron a visita de numerosos, e esixentes, clientes dispostos a probar as mellores tapas.

Todos os bares e restaurantes están vinculados a marca Tabernas do Ulla, unha iniciativa de promoción da hostalería local creada desde o concello de Vedra. O concurso de tapas e unha das distintas citas anuais para poñer en valor o produto local e incentivar o consumo na contorna.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies