Vedra continua coa ampliación do CPI plurilingüe

0

Vedra. 6 de setembro do 2019 – O concello de Vedra continúa coa ampliación do Colexio de Primaria e Infantil, CPI Plurilingüe que conta cun investimento, por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,  de 841.000 euros.

Ás portas do novo curso aceléranse os traballos no CPI de Vedra co fin de reordenar e mellorar o edificio existente. Aínda que as obras rematarán por completo no segundo trimestre do curso o obxectivo agora é que o inicio das clases non se veza entorpecido.

obras cpi vedraNa actualidade estanse a rematar a instalación dun taller de tecnoloxía no que ata o de agora era a aula de Educación Infantil e no lugar deste taller situase unha sala de usos múltiples. O outro gran cambio neste edificio será para a educación infantil que agora contará con seis espazos para desdobres e con aseos en dúas das súas aulas.

obras cpi vedraPor outro lado estase a construír un novo edificio de dúas plantas no que se situarán un total de 8 aulas para a educación secundaria, a razón de 4 por planta. Esta nova construción estimase que estará finalizada no segundo trimestre do curso escolar e permitirá a redistribución de espazos no edificio xa existente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial