Vedra organiza a 27ª edición da Carreira Popular do Gundián

0

Vedra, 30 de agosto do 2018 – O domingo 9 de setembro de 2018, a partir das dez e media da mañá, celebrarase a 27ª edición da Carreira Popular do Gundián que organiza cada ano o concello de Vedra.

A de Gundián é unha das carreiras máis bonitas dos circuíto galego, unha dura subida de 4 kilómetros atravesando fragas, pontes e dúas provincias para rematar no media dunha romaría. As inscricións están abertas ata o 5 de setembro e tedes toda a información en http://gundian.gal/ .

O percorrido

A proba pese a ter tan só 4 kilómetros e moi esixente. Parte da ponte vella, S. XVIII,  pola que no seu día pasaba o viño do Ribeiro cara a Santiago e que hoxe forma parte da ruta da Vía da Prata. O primeiro quilómetro leva ata a ermida do Gundián nunha subida case constante, cun par de ramplas de desnivel acusado. Logo de pasar a ermida, a pendente suavízase pero segue en subida durante case medio quilómetro máis, para logo comezar outro medio quilómetro chan e un quilómetro de descenso. Queda daquela un só quilómetro, o máis duro: volver subir á ermida do Gundián. As costas tiran, pero a recompensa agarda no alto: a meta está instalada no medio da romaría.

A proba ten distintos circuítos para as categorías inferiores. De 9 a 12 anos a carreira terá unha lonxitude de 1 kilómetro, desde a Ponte Vella a ermida de Gundián. De 4 a 8 anos a distancia será de 500 metros, cunha saída situada xusto despois da rampla máis difícil pero conservando algunhas subidas. Hai unha última categoría, para ir facendo canteira, que é a de menos de catro anos; douscentos metros nos que como di a organización terán que correr “sen despistarse cos berros de ánimo de pais, nais e demais parentes e en sucumbir á tentación de parar antes da meta nos postos de rosquillas, xoguetes e gominolas”.

Imaxes da proba no 2016

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial