Premio CREA de Honra a Asociación Sen un Peso de Vedra

0

Vedra, 16 de xullo do 2020 – O laboratorio de creación audiovisual posto en marcha pola asociación Sen un Peso de Vedra ven de recibir o premio CREA de Honra 2020.

CREA é a Asociación galega de profesionais da dirección e realización, fundada no ano 2002. Trátase dunha asociación profesional sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo a defensa dos intereses dos directores/as e realizadores/as do sector audiovisual en Galicia. Os premios do mesmo nome son outorgados polos socios por votación e teñen como obxectivo recoñecer o traballo no eido audiovisual.

A V edición concede o premio de Honra a o Lav de Vedra, posto en marcha pola Asociación Sen un Peso. O galardón concédese por “facer chegar o soño de facer cine fóra dos entornos urbanos. E por facelo sen un peso”.

 

Un dos últimos traballos da asociación

Sen un peso

A  Asociación Senunpeso Producións naceu Vedra en agosto de 2009. Foi fundada por un grupo de persoas que, ao amparo da Asociación Cultural e Deportiva Verea, puxeran en marcha en 2008 “Formacción, Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual”. Logo da realización de dúas edicións desta actividade, decidiron crear Senunpeso e centrarse no audiovisual.

A asociación realizou a súa primeira actividade importante en 2010, coa organización do Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV), que, co formato de xornada de formación e mostra audiovisual, daba continuidade ao anterior Formacción. É este Lav o que ven agora de recibir o recoñecemento dos profesionais.

Sen un Peso explican que traballan “con tres referentes: o audiovisual, o rural e Galicia. Entendemos o audiovisual coma un feito colectivo, onde todas as partes son importantes, e onde, aproveitando e compartindo os coñecementos, a creatividade e os materiais, é posible facer grandes produtos audiovisuais sen necesidade de contar con grandes orzamentos”.

Premio CREA de Honra a Asociación Sen un Peso de Vedra

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial