Vedra entrega os premios do concurso de Tapas

0

Participaron 11 establecementos de Vedra, nas urnas depositáronse 292 cartillas de votación que decidiron os gañadores.

Gañadoes do concurso no salón de plenos de VedraVedra, 23 de outubro do 2016 – O pasado venres o Salón de Plenos do Concello de Vedra tivo lugar a entrega de premios aos establecementos e  participantes do Roteiro – Concurso Vedra de Tapas 2016.

Durante dúas fins de semana 11 establecementos de Vedra acolleron esta iniciativa que mesturaba interese turístico, gastronómico e tamén a intención de ser unha aposta diferente!!

Co bo sabor de boca  que deixou tanto en hostaleiros, coma na organización e persoas participantes e despois de recoller 292 cartillas nas 11 urnas (das que só foron válidas 219), presentamos resultados do concurso, dos que tivo conta a comisión avaliadora reunida no Salón de Plenos do concello o 19 de outubro ás 10 horas.

1ª MENCION Á MELLOR TAPA: Hamburvedra (Bar Barreiro)

2ª MENCIÓN A MELLOR TAPA: Pastel de carne do avó (O fogar do avó)

3ª MENCION A MELLOR TAPA: Pinchiños “3D” (O fogar do avó)

Relación de agasallos entre os participantes no concurso:

Para as cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos:

-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello: Itziar Sánchez García (San Xián de Sales)

-Un lote de produtos locais: Mariluz Bascuas Canicova (Santiago de Compostela)

-1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello: Manuel Tato Cabaleiro (San Miguel de Sarandon)

Para as cartillas con selos de como mínimo 8 establecementos:

-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuíto termal…: Antonio Andújar Vilas (Ponte Ulla)

-100 €: Marga Collazo Devesa (San Fins)

Para cartillas con todos os selos procedese ao sorteo dos 200 € entre os participantes resultando gañador: María Viegas Brito (San Xián)

Ademáis este ano, como novidade a través da app “Quedamos de tapas”, resultou gañadora da “Tapa amiga” a HamburVedra de Bar Barreiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial