займ срочно

Vedra prepara os 25 anos das Xornadas arredor da Camelia

0

Vedra, 14 de xaneiro do 2020 – O concello de Vedra e a Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla abren as inscricións en dúas probas deportivas vinculadas as vixésimo quintas Xornadas Arredor da Camelia e a recepción de traballos no XX Concurso de Pintura Infantil.

O domingo 2 de febreiro celebraranse a BTT, cun novo percorrido, e a sexta edición do Maratón de Montaña A Camelia que ten como probas menores unha subida vertical, un Trail e unha andaina. Os traballos do Concurso de Pintura exporanse o 23 de febreiro na xornada na que se tamén se realizar a entrega de premios.

Imaxe Maratón de Montaña da Camelia

Imaxe Maratón de Montaña da Camelia

BTT

A proba BTT ten percorrido novo que estará sinalizado e con indicacións por GPS. A ruta máis longa serán 52 kilómetros e a curta 27, tendo a saída prevista para as nove e media da mañá desde o velódromo de Vedra.

As inscricións están abertas ata o día 28 de xaneiro, as 23:59 horas, na páxina correspondente de Galitiming, enlace:  https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/x-ruta-cicloturistica-en-btt-da-camelia-polo-val-do-ulla/?lang=es

Maratón de Montaña

Na mesma xornada, 2 de febreiro, disputarase a sexta edición do Maratón de Montaña “A Camelia”, unha fermosa proba que pon a proba a forma física dos participantes.

Imaxe Maratón de Montaña da Camelia

Imaxe Maratón de Montaña da Camelia

Os afeccionados poden anotarse ata en catro modalidades distintas. A subida vertical é un percorrido de 2,7 kilómetros cun desnivel positivo de 340 metros. A continuación, por distancia, están o Trail e a Andaina con 13 kilómetros e un desnivel positivo similar. A proba reina, o Maratón da Camelia, son 44 kilómetros, que chegan aos 1.900 metros de desnivel, percorrendo as montañas e lugares máis fermosos do concello.

En este caso a inscrición remata o luns 27 de xaneiro, as 23:59 horas, e a inscrición está na correspondente páxina de Galitiming, enlace: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/vi-maraton-por-montana-a-camelia-2020/

Concurso de Pintura Infantil

Ademais das probas deportivas celebrarase tamén o vixésimo concurso de Pintura Infantil da Camelia para nenos de tres a doce anos.

Os participantes divídense en tres categorías segundo a idade. Cada un pode presentar unha única obra inspirada na Camelia nun tamaño A4, en cartolina ríxida ou similar e técnica libre.

Na parte traseira dos traballos figurará o nome do autor, número de teléfono, enderezo, idade e centro escolar ao que pertence.

O xurado estará formado por membros da Asociación de Amigos da Camelia e persoas destacadas do mundo das artes. Os traballos deberanse enviar, antes do 14 de febreiro, ao concello de Vedra. O resto das bases pódense atopar no seguinte enlace

https://www.concellodevedra.es/ficheiros/bases_concurso_pintura_2020.jpg

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies