Vedra prepara o programa de conciliación do verán

0

Vedra, 29 de maio do 2020 – O concello de Vedra afronta a conciliación de este verán dun xeito distinto e coa vista posta na seguridade sanitaria.

O concello ven de presentar o programa de conciliación da ludoteca municipal, Conxuga 2020, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto e cun aforo limitado a 20 usuarios.

Solicitudes no vindeiro mes

O prazo de solicitude será do 2 ao 15 de xuño e o concello garante que se tomarán as medidas necesarias  para que as  instalacións onde se desenvolva  cumpran a normativa vixente en materia de seguridade, hixiene, sanidade, habitabilidade, accesibilidade, así como outras condicións en materia de prevención.

Vedra prepara o programa de conciliación do veránTendo en conta a idade das persoas usuarias ás que vai destinado o servizo,  limitarase o aforo máximo a 20 menores para poder garantir as condicións preventivas e de seguridade. Dispoñerase dunha caixa de emerxencias, fóra do alcance dos nenos, debidamente pechada, e que conterá o material necesario para facer unhas primeiras curas e medición de temperatura.

As solicitudes presentaranse en prazo a través da sede electrónica (se é posible) ou ben no rexistro do concello de Vedra mediante cita previa no teléfono 981 814 693

Criterios de admisión.

Admitiranse, inicialmente, a menores empadroados no concello e con residencia nos últimos seis meses. As idades van dos 3 aos 12 anos e terán que estar escolarizados nun centro educativo da vila.

Terase en conta os casos de emerxencia social ou menores incluídos no Programa de educación familiar acreditados polos servizos sociais comunitarios do concello de Vedra ou calquera outra situación que valorada tecnicamente se considere dende os SS.

Documentación

Os que queiran participar terán que presentar unha fotocopia do libro de familia. Certificado de empadroamento das/os menores así como dos seus proxenitores ou titores con detalle da data. Vida laboral ou documentación xustificativa da situación laboral dos pais (fotocopia da última nómina). En caso de estar en situación de baixa ou excedencia ERTE ou estar en situación de desemprego no momento de solicitar praza, deberá achegar fotocopia do documento polo que se recoñece a situación. Declaración da renda do 2018 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala. En caso de familias monoparentais, fotocopia do libro de familia. Documento acreditativo de familia numerosa.

Publicación de listas provisionais:

As listaxes provisionais preséntanse por orde alfabética e nelas detállase: o tramo de cota que  corresponde e, no seu caso, a situación na listaxe de agarda. As listaxes publicaranse nos lugares de presentación das solicitudes, no taboleiro do concello de Vedra e na web municipal (www.concellodevedra.com).

Abrirase un prazo de reclamacións entre o 17 e o 22 de xuño.

Toda a información sobre táboas de puntuación e outras cuestións pódense consultar na seguinte ligazón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial