займ срочно

Vedra socio dun proxecto europeo sobre economía xuvenil

0

Vedra, 11 de xaneiro do 2020 – O concello de Vedra participa como socio no proxecto europeo de economía xuvenil “Entering the gig economy”.

En outubro de 2019, organizacións de distintos países de Europa reuníronse en Carlingford, Irlanda, para poñer en marcha este proxecto de economía xuvenil que terá dous anos e medio de duración. “Entering the gig economy” pretende crear alianzas para abordar os riscos e oportunidades do emprego autónomo e formar á mocidade que queira entrar neste mercado.

Vedra participa como socio no proxecto europeo de economía xuvenilEconomía GIG

O modelo de economía GIG está en auxe nos últimos anos grazas, en parte, as novas redes de comunicación e as novas tecnoloxías. Un profesional liberal pode traballar para distintas compañías, complementar o soldo alugando unha habitación do seu apartamento o o coche nos desplazamentos que faga en plataformas dixitáis e incluso vender distintos obxectos a través de internet. A suma de ingresos de distintas fontes pode resumir este modelo de ecnomía na que os problemas poden vir pola falta se seguridade e inestabilidade. Unha boa planificación, coñecementos e colaboración poden facer do modelo algo con futuro.

O proxecto “Entering the gig economy”

Liderado polo Consello do Condado de Meath (Irlanda), o consorcio facilitará o impulso do coñecemento sobre a emerxente “Economía Gig” e compartirá, debaterá e desenvolverá métodos efectivos para abordalo. Ademais de concienciar e poñer en contacto a todas as partes interesadas na materia (entidades formativas, Administracións Públicas e mercado laboral), os socios desenvolverán e dirixirán un programa de formación profesional para a xuventude e os máis afectados polo mercado laboral da “Economía Gig”.

Ademais do Consello do Condado de Meath, socio líder, e de socio rexional de Irlanda, WIN Consulting, tamén forman parte do proxecto as seguintes entidades e países europeos: a Universidade VET Friesland College e a Fundación Learning Hub Friesland, dos Países Baixos, o Concello de Vedra e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias AGACA, de España, e a Municipalidade de Capannori e a axencia formativa Formetica, de Italia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies