займ срочно

Vedrea, tendendo pontes entre a veciñanza

0

Vedra, 31 de marzo do 2020 – O concello de Vedra en particular, e todo o Val do Ulla en xeral, son espazos no que a cultura e sinal de identidade: Agora a iniciativa Vedrea nace para darlle un espazo propio.

En tempos nos que quedarse na casa non é opción é obriga, o concello de Vedra acolleu con gusto a idea de Iván García de  levar todo o que se fai a un espazo na rede baixo o nome de Vedrea.

Iván é técnico en xestión cultural. O momento tan excepcional que vivimos cadrou co inicio dun dos momentos máis activos do ano e supuxo un parón total. Mais, como el explica, unha vez arranxado o prioritario a cultura ten moito que dicir no día a día

Vedrea, tendendo pontes entre a veciñanzaVedrea naceu de xeito natural. As publicacións de veciños en distintas redes sumado ao traballo xa feito desde o concello invitaba a crear un banco de recursos en liña

Os obxectivos fixáronse con dúas premisas moi claras, quen son e que son capaces de facer de xeito colectivo

 

O banco de recursos dividirase en 3 apartados, o institucional, o asociativo e o particular

Por outra banda está o chamado “mapa emocional” que busca recoller imaxes anteriores ao ano 2000

Finalmente búscase o empoderamento da veciñanza votando unha ollada aos lugares aos que chegou

Para rematar compartimos unha longa pero moi interesante reflexión de Iván sobre a cultura, ou mellor que lle gusta dicir “o movemento socio cultural”. O que en moitos casos é a irmá pobre converteuse en esta situación nun patrimonio que nos está a sacar do confinamento sen saír da casa

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies