Vedra impulsa o proxecto YouthNest.crea

0

Vedra, 16 de novembro do 2017 –  O concello de Vedra presentou o proxecto YouthNest.crea, unha incubadora de empresas transnacional que se instalará nas instalacións da vella estación de ferrocarril de Santa Cruz de Rivadulla.

YouthNest.crea trátase dun proxecto europeo dirixido a mozos de 16 a 30 anos. Na presentación estiveron representantes dos Países Baixos, Italia, Reino Unido, Eslovaquia e Portugal que participan na iniciativa liderada polo concello de Vedra.

O obxectivo final e o desenvolvemento dun ecosistema virtual e presencial que de apoio ao emprendemento no medio rural. YouthNest.crea se inclúe no marco do programa ERASMUS 2014-2020. Conta cunha subvención que supera os 144.000 euros e rematará en agosto do 2019.

En este proxecto porase en marcha unha rede de traballo transnacional onde colaboren profesionais dos países que participan. Estes profesionais non só darán apoio aos emprendedores, desenvolverán ferramentas, metodoloxías de traballo e contidos de calidade ademais de executar un programa de accións piloto dirixidas aos xoves.

O programa está creado para atender ata 72 xoves que traballaran en tres incubadoras situadas en Galicia, Italia e os Países Baixos.

No caso de Vedra aproveitarase o edificio da vella estación de Ferrocarril, xa remodelado, e un vagón situado ao seu carón que adaptarase como espazo de coworking.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial