Vedra abre o Punto Limpo con cita previa

0

Vedra, 8 de maio do 2020 – O concello de Vedra retoma a actividade aos poucos e pon de novo en marcha o Punto Limpo con cita previa.

O Punto Limpo retomará a actividade o próximo martes día 12 no horario habitual, martes de 9 a 14 h. e de 16 a 19 h. e sábados de 9 a 14 h.

Desde o concello explican a importancia da reapertura “Sabemos que este tempo de confinamento serviu para facer limpeza en moitos dos fogares e por iso sabemos da importancia deste regreso… Pero tamén incidimos na importancia da responsabilidade de facelo mantendo sempre as medi-das de seguridade impostas polo Estado de Alarma”.

Para seguir prevendo o contaxio e mentres no se normalice a situación só se poderá acudir con cita previa no teléfono 981 814 612  onde e se determinará día e horario de entrega.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial