займ срочно

Vedra reabre o pavillón municipal con estritas normas de seguridade

0

Vedra, 16 de xuño do 2020 – O concello de Vedra reabre o pavillón municipal coa posibilidade de alugar a pista e usar o ximnasio de sete da tarde a once e media da noite.

O pavillón municipal abrirá con medidas moi estritas de hixiene sanitaria. Non se poderán usar os vestiarios polo que se recomenda vir coa roupa de deporte xa posta. Si funcionarán os servicios non se que se habilitarán papeleiras, papel e produtos desinfectantes (xel ou xabón). Non obstante a recomendación e reducir ao máximo o uso dos mesmos.

Vedra reabre o pavillón municipal con estritas normas de seguridadeEsta equipación de Vedra abre, en principio, ata o próximo 30 de xuño. Aumentase a superficie destinada a deporte coa sala contigua, chegando a unha superficie superior aos 200 metros cadrados. Todas as máquinas terán unha separación mínima de 2 metros.No ximnasio non será necesario pedir cita previa, pero si existirá control de aforo, limitado a 12 persoas por quenda.Os menores de idade deberán acceder acompañados dun maior de idade que se fará responsable dos mesmos.

Manterase a porta externa aberta e aos dous lados da porta interna haberá unha solución hidroalcohólica para os usuarios da instalación.

Será obrigatorio acceder con mascarilla e permanecer con ela posta ata que se chegue ao lugar onde se desenvolva a actividade (pista polideportiva ou ximnasio). Manterase obrigatoriamente a separación mínima de 2 metros e indicarase no chan con frechas direccionais para poder manter esta distancia. Dotarase a pista e o ximnasio en distintos puntos de dispensadores de solución hidroalcoholica, papel e papeleiras para que poidan usalo os usuarios en calquera momento.

No ximnasio estará presente no mesmo en todo momento unha persoa que vixiará que se cumpra o aforo e que realizará labores de desinfección de cada máquina despois de cada uso. Entre quendas ou cada hora efectuaranse labores de desinfección xerais, tempo durante o que poderá pedirse aos usuarios que abandonen ese espazo.

No ximnasio habilitarase distintos puntos con desinfectante para que os usuarios colaboren co persoal na desinfección entre uso e uso das maquinas. Será obrigatorio limpar o suor caído nas máquinas tamén con este papel, non coa toalla de uso persoal.

Levarase un control de acceso de persoas a instalación cada hora e será obrigatorio identificarse. Non se poderán introducir mochilas no ximnasio, nin abandonar roupa no espazo do ximnasio.

O alugueiro de pista farase polo procedemento de reserva habitual, pero nela soamente se poderán practicar deportes ou tarefas individuais respectando a distancia de 2 metros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies