Vedra reúnese coas asociacións municipais

0

Vedra, 18 de maio do 2020 – O alcalde de Silleda, Carlos Martínez, e a Concelleira de Cultura, Diana Varela, mantiveron unha reunión por videoconferencia con algunhas das asociacións do concello.

En esta primeira reunión o concello convocou a membros das directivas das diferentes asociacións culturais e nos vindeiros días seguiranse organizando este tipo de xuntanzas con outros colectivos de Vedra.

Uso de locais municipais polas asociacións

A reunión afrontou o calendario e protocolos de uso dos locais municipais. Concluíuse que terá que ir evolucionando seguindo unha lóxica axeitada ao proceso de desescalada.

Axudas a entidades

No caso da subvención para o desenvolvemento de actividades levadas a cabo por entidades sen ánimo de lucro no termo municipal de Vedra no exercicio 2020; desde o concello informouse de que as asociación que consideren que non vai ser posible desenvolver o proxecto para o que solicitaron a subvención, poderán modificar o obxeto e adaptalo ou desistir da solicitude de subvención presentada. As asociacións teñen ata ao 15 de xuño para actualizar a petición de axuda, e o orzamento correspondente, en función do novo escenario derivado da pandemia.

Vedra reúnese coas asociacións municipaisPlanificación

Coa finalidade de coordinar un novo escenario o concello solicitou que as entidades informen das previsións con respecto ás actividades tanto as que están suspensas, como aprazadas (en que data se estiman…etc)

A reunión concluíu cun chamamento ao sentido común para non correr riscos e adaptarse ás circunstancias excepcionais e ao proceso de desescalada, pero tendo moi claro “o importante labor da cultura e das asociacións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial