A Xunta de voceiros de Vedra fai balance da situación

0

Vedra. 30 de abril do 2020 – Vedra reuniu de novo a xunta de portavoces para facer un balance do traballo realizado desde o comezo da crise que da mostra da boa sintonía dos grupos políticos do concello.

Nun comunicado conxunto explican que ” ante a excepcionalidade histórica e a magnitude do reto, os grupos políticos representados no pleno do concello de Vedra puxémonos de acordo. O 13 de marzo a confrontación política quedou adiada, todos entendemos que este era o momento de apoiar a actuación do goberno municipal. Mediada a corentena, é o momento de informarvos das actuacións municipais desenvoltas durante este mes e medio de confinamento”.

Organización

O comunicado explica que a Comisión de seguimento creouse o luns 16 de marzo seguindo as recomendacións da FEGAMP e con reunións periódicas os luns.

Unha vez que foron anulados os plenos municipais a Xunta de Voceiros comezou a reunirse tódolos luns inmediatamente despois da de seguimento. Ademais dos portavoces dos grupos a Xunta recibe o asesoramento técnico do departamento de servizos sociais.  Dende o inicio da crise todos os acordos sobre as medidas paliativas e de axuda foron apoiadas por unanimidade.

Accións

Vedra explica tamén que o traballo das dúas comisións dou como resultado accións concretas como o seguimento directo, presencial e telefónico, daqueles casos de vulnerabilidade; solución de acubillo para as persoas sen teito ou a

posta en funcionamento dun servizo de apoio específico a persoas que viven soas sen rede de apoio familiar.

por outra banda o concello creo un servizo de impresión de tarefas escolares e dotou de equipos aos alumnos sen acceso a rede seguindo criterios socioeconómicos e educativos.

O concello asesora tamén a empresas e particulares na solicitude de axudas ou na preparación de documentación ante outras administracións. Tramítanse tamén as altas na demanda de emprego e as solicitudes de prestacións polo mesmo motivo.

Cultura e comunicación

O concello mantivo ademais, vía internet, adestramentos e clases das escolas municipais. Puxo ademais en marcha a web Vedrea na que se recollen distintos aspectos do concello e da veciñanza.

Ao mesmo tempo mantéñense canles de comunicación coa cidadanía por medio das redes sociais, whatsapp e correo electrónico e séguese a confeccionar o boletín municipal mensual.

Contacto

Vedra informa finalmente de que para calquera necesidade pódese chamar aos teléfonos 981814693 ou 699041486, ou enviar un correo electrónico a alcaldia@concellodevedra.com .

O resto da información e teléfonos pódese consultar no seguinte PDF vedra informe 30 abril 2020

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial