займ срочно

Este venres comeza o Vedra de Tapas 2019

0

Vedra, 1 de outubro do 2019 – O concello de Vedra, en colaboración cos establecementos socios de Tabernas do Ulla, presentou este martes a edición anual do roteiro concurso Vedra de Tapas.

O Fogar do avó, na Susana, foi o lugar elixido para dar a coñecer os lugares e as tapas que participaran este ano. Serán 10 locais que ofrecerán 20 tapas distintas a un prezo de 2 euros, 3,50 € no caso de querer acompañar a tapa cunha copa de albariño das adegas locais.

Vedra de tapasNa presentación participaron Manuel Costa Carneiro, Concelleiro de Turismo de Vedra, Ana Uzal, técnica de turismo, Jeni Brocos da Taberna do Ferrador, Carlos Suárez de A nosa casa, Belén Gómez do Vitoria, Teresa Souto, Brenda Antunez e Cristian Bouzón do Fogar do Avó e Marcos Ferreiro da Taberna do Souto.

Os clientes deciden

Vedra de tapas deixa en mans dos clientes a selección do gañador. Disporán dunhas cartillas nas que ir puntuando cada tapa; os locais selarán as cartillas para que, cando teñan un mínimo de cinco locais visitados, entrar no concurso de distintos agasallos. As papeletas terán que estar depositadas o domingo 13 de outubro de 2019 ás 23:00 h. como data tope para participar.

Vedra de tapasAgasallos

As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:

-3 lotes de produtos locais.

-2 tarxetas regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello.

As cartillas con selos de como mínimo 7 establecementos participarán nos sorteos de:

-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.

-Unha circuíto termal para dúas persoas con almorzo incluído.

As cartillas con todos os selos dos establecementos participantes entrarán no sorteo de 300 €.

Concurso fotográfico de grupos

Os grupos tamén teñen premio por participar. Terán que ser un mínimo de cinco persoas que envíen unha foto mentres fan o Vedra de Tapas. A enviarán ao correo casadospeons@concellodevedra.com , pasará un filtro de valoración e, se é admitida, subirase ao Facebook do concello de Vedra.

A foto máis votada será a gañadora e gañará 20 tapas e 10 consumicións no establecemento gañador da mellor tapa no Vedra de Tapas 2019.

Os establecementos

No Vedra de Tapas 2019 participan os seguintes locais coas seguintes tapas

Restaurante Vitoria: Fricandó de tenreira con champiñóns e Luriña ao Pedro Ximénez

Taberna Mosqueiro (Domingos non terá tapas): Fabada de Lourdes e Torta de Ana

Café Bar O Rancho: Pataca ao rancho con crocante de allo porro e Volován con pisto de ovo de paspallás e anchoa

A Taberna Do Ferrador:O caldo do Ferrador e O viño da taberna

Café Bar A Dorna (Horario das tapas: só de 21:00 a 00:00 hora: Bacallau ó forno e Cazola de xarrete asado

Café Bar O Pilón: Matrimonio de anchoa e bocarte e Potaxe de garavanzos con bacallau

Café Bar O Candil: Fabas con ameixas e polbo e Torta de queixo con froitos do bosque

Bar Vinoteca A Vosa Casa: Fricasé de polo e Faixiña picante con piña

O Fogar Do Avó: Croca con salsa de froitos vermellos e Caprichos da Gándara

Taberna Do Souto: Pochas á Taberna do Souto e Roliño de filloa rechea

Salvo as excepcións os horarios serán os seguintes:

Venres 4: de 21.00h a 00.00h

Sábado 5: de 13.00h a 15.00h e de de 21.00h a 00.00h

Domingo 6: de 13.00h a 15.00h

Venres 11: de 21.00h a 00.00h

Sábado 12: de 13.00h a 15.00h e de 21.00h a 00.00h

Domingo 13: de 13.00h a 15.00h

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies